Regulamento, técnica, táctica, instalacións e material de Tenis de Mesa

ÍNDICE:


-INTRODUCCIÓN:

-REGULAMENTO:

-MATERIAL TENIS DE MESA:

-INSTALACIÓNS:

-TÉCNICA:

-TÁCTICA:

-BIBLIOGRAFÍA:
    

-INTRODUCCIÓN:

O tenis de mesa é un deporte que surxiu a finias do siglo XIX en Inglaterra. Este deporte consiste nunha mesa separada en dous campos por unha rede e dónde se xoga contra un rival (individual ou parexa) enviando a pelota ao campo rival golpeandoa cunha pala.



Vulgarme tamén é coñecido coma ping-pong polo sonido que emite cando a pelota golpea na raqueta (ping) e cando posteriormente golpea na mesa (pong).


-REGULAMENTO:

-REGRAS XERAIS DE TENIS DE MESA:

-A pelota so pode ser golpeada coa raqueta ou ca man que suxeita dito elemento

-A pelota tras ser golpeada non pode tocar no noso campo senón que ten que ir directamente ao do rival, agás no saque.

-A pelota so pode dar un toque no noso campo antes de ser devolta.

-A mesa non pode ser tocada con outra parte do corpo que non sexa a man que suxeita a raqueta.

-So lle podemos dar un toque a pelota coa raqueta antes de devolvela hacia o campo rival

-Nos partidos de dobres alternase o membro da parexa que golpea a pelota de forma que en cada devolución ten que golpear a persoa que non golpeou na anterior.


-COMO FACER PUNTO:

Faise punto das seguintes maneiras:

-Se o rival envía a pelota fora da mesa sen que toque no noso campo antes.

-Se o rival da dous toques a bóla seguidos.

-Se o envio toca na rede e non pasa hacia o noso campo, se pasa o punto continua en xogo.

-Se despois de un envío noso e tras tocar no seu campo, por mor do efecto imprimido volve tocar no noso campo sen que o rival a golpease.

-Se un rival toca a mesa con algunha parte do corpo que non sexa a man da raqueta.



-REGRAS DE SAQUE:

-Empezará sacando o xogador ou parella que gañase o punto de saque ou decidiráse por sorteo.

-O saque rotaráse cada dous puntos, pasando a sacar depois un rival, en individual non hai problemas porque o intercambio solo se produce entre os dous xogadores, pero en dobres hai que seguir sempre unha orde, esta é a seguinte: Primeiro saca un xogador dúas veces, o xogador que está recibindo será quen faga os seguintes dous saques recibindo esta vez o membro da parexa rival que non sacou antes e así sucesivamente ata que se acabe o partido. Na seguinte imaxe amósase como é a rotación do saque. 




-Para que o saque sexa válido antes de facer o golpe a pelota ten que descansar na palma da man a vista dos nosos contrincantes, posteriormente debe ser lanzada verticalmente cara arriba cunha altura mínima de 16 cm para finalmente ser golpeada.

-O saque en dobres ten que ser cruzado, sempre sacando dende o lado dereito, é dicir ten que ir a zona diagonal do campo contrario, mentras que en individuais non fai falta.



-No saque a pelota despois de ser golpeado debe botar antes en campo propio e despois en campo rival, sendo obrigatorio que o rival a deixe botar no seu campo.

-O saque pódese facer tanto de dereita como de revés.

-Cada xogador solo dispoñerá de un saque, se este comete unha falta de saque será punto para o rival. Sólo hai unha excepción, se a bola depois de golpear en mesa propia pega na rede e bota no campo rival, (senón bota tamén será punto para o rival), ese xogador terá outra oportunidade.

-Se se chega ao resultado de 10-10 o saque mudaráse en cada punto.


-REGRAS DE PUNTUACIÓN:

-Os partidos xogánse normalmente a 3, 5 ou 7 sets dependendo da competición. Cada set xogarase a 11 puntos.

-En cada set hai que gañar de dous polo que se chegamos a un 10-10 temos que ir a quen antes chegue a 12 puntos e así sucesivamente.


-MATERIAL TENIS DE MESA:

-PELOTA:

-A pelota de tenis de mesa debe ter un diámetro entre 38 e 40 mm e pesar uns 2,7 gramos. Debe ser de celuloide ou dun plástico similar e de cor branca, laranxa ou mate.


-RAQUETA:

-A raqueta de tenis de mesa non ten unha reglamentación exacta en canto o seu tamaño. Non obstante o promedio de todas as raquetas soen ser entre 16.5 cm de largo por 15 cm de ancho. O material máis empregado é a madeira pero tamén se utiliza o caucho, fibra de vidrio, fibra de carbono pero sempre e cando o 85% da composición sexa de madeira. Finamente oa raqueta soe estar recuberta dunha goma por ambos lados.




-INSTALACIÓNS:

En este apartado falaremos sobre todo da mesa de tenis de mesa.

A mesa debe ter unhas dimensións de 2,74 X 1,525m, cunha rede na metade cuxa altura é de 15,25cm, mentras que a da mesa debe de ser de 0,76m.

As líneas pintadas tanto nos laterias como a de fondo miden 2cm mentras que a línea que divide a metade do campo para xogar a dobres debe de ser de 3mm.





A mesa debe colocarse no centro da instalación na que estemos desenvolvendo a competición, esta instalación debe ter 12 metros de largo, 14 se estamos ante o reglamento internacional, e 6 metros de ancho, 7 pólo reglamento internacional.


-TÉCNICA:

Dentro deste apartado de técnica desenvolveremos outros diferentes apartados 

-POSICIÓN BÁSICA: A posición básica en tenis de mesa e cerca da mesa, pero non pegado, rodillas flexionadas e o corpo botado hacia diante. Habitualmente no "ping pong" non se esixen desplazamentos moi longos polo que esta posición non tende a mudar moito.


-TIPOS DE AGARRE: Distinguimos 2 tipos de agarre:   

  

-Agarre europeo ou clásica: É a máis extendida por Europa, a principal ventaxa é que permite xogar con facilidade tanto de dereita como de revés. Para facer este agarre collemos a pá polo mango e o dedo índice extendese pola zona do revés


  


-Presa china: Neste agarre o dedo índice e o pulgar suxeitan a raqueta pola parte exterior pero sen chegaar a  estar  xuntos mentras que polo outro lado da raqueta os outros 3 dedos estan xuntos e algo flexionados.


 


GOLPES: Vamos xa na materia dos golpes básicos que se poden facer no tenis de mesa.

-Golpe de dereita: Este golpe é o máis básico e realizase coa cara pola que suxeitamos a raqueta.


-Golpe de revés: Parécese moito o anterior pero neste caso o contacto coa pelota realizase coa outro lado da pá. Ademáis para poder facer este golpe é necesario cruzar o brazo por diante do corpo. No siguiente vídeo amósase a execución de dito golpe eentre os segundos 0:37 e 1:37.


-Topspin: É un golpe claramente ofensivo co que se intenta mandar a pelota a unha gran velocidad e moi profunda para dificultar a devolució do rival. Para facer este golpe imprimiremoslle un efecto a pelota de forma que esta vaia xirando cara adiante , para elo debemos golpear a esférica realizando un golpe cara adiante e arriba coa raqueta e axudaremonos tamén da acción das pernas flexionando estas para imprimirlle máis velocidade a bóla. O topspin pode facerse tanto de dereita como de revés.


-Backspin: É un golpe defensivo no que se busca que a pelota xire cara atrás co obxetivo que tras o cotacto coa pá a pelota salga con menos velocidade da que traía. Para a execución deste golpe debemoslle imprimir un efecto a pelota de maneira que esta salga cortada e unha vez bote no campo rival se dirixa cara o noso, para elo o contacto coa pelota sera cun movento cara adiante e cara abaixo da raqueta. Ao igual que o anterior o backspin pódese facer tanto de dereita como de revés.


-Bloqueo: É un golpe tamén de carácter defensivo e cuxo obxetivo e baixar de velocidade os golpes ofensivos dos rivais. Para poder facelo sencillamente deixaremos a raqueta inmovil e será a pelota quen golpe a pá e salga dirixa cara o outro campo. Hai unha variante que se denomina bloqueo activo e que consiste en aplicarlle un pequeno movemento a raqueta hacia adiante cuando vaia golpear a pelota. Pode ser realizado de dereito e de revés.


-Loop: É moi semellante ao backspin xa que tamén se busca que a pelota unha vez bote no campo rival volva a campo propio e tamén se fai cortando a bóla da maneira que dixemos antes, un movemento cara abaixo e adiante da raqueta impactando asi por debaixo da pelota. A mínima diferencia que se atopa é que este golpe faaise máis preto da rede buscando c volta total da pelota a campo propio e polo tant conseguir así punto.


-Loop flip. Este colpe consiste en imprimirlle unha curva a pelota, para iso o golpe prodúcese de esquerda a dereita e o obxetivo e que cmbie de dirección unha vez toque campo rival.


-Saque: Xa vimos anteriormente cales son as regras de saque, este é o único golpe que ten que botar en ambos campos. O saque podenenos permitir facernos coa iniciativa do xogo, ou incluso facer punto, pero tamén pode darse o caso contrario e perder a iniciativa, por iso é de vital importancia facer un bo saque. Para poder levalo a cabo intentaremos que a pelota vaia o máis pegada a rede posible, pero sin tocala, para iso deberemos golpear a bóla o máis abaixo qe poidamos, polo que a súa vez teremos que levar a cabo unha flexión de pernas. O saque pode ser de dereita ou de revés.


-TÁCTICA:

Como en calquera outro deporte é de vital importancia os coñecer e dominar os elementos tácticos. A continuación falaremos de aspectos básicos a levar a cabo tras o transcurro dun encontro.

-Coñecer das nosas virtudes e limitacións, isto permitiranos en moitos períodos do encontro saber que posición acoller así como con que golpes actuar.

-Saber en que momento do xogo nos atopamos, vai relacionado coa anterior permisa xa que tamén e unha capacidade propia coñecer en que momento é necesario un golpe ofensivo ou defensivo.

-Coñecer o xogo do rival, igual de importante que coñecer o propio, sabendo como xoga o rival en moitos casos poderemos anticiparnos aos seus movemento e elaborar unha resposta rápida entre eles.

-A posición con respecto a mesa, habitualmente acadar unha posición cercana a mesa e indicio de un xogo ofensivo, pola contra unha posición máis afasta da signos de xogo defensivo.

-Ir mudando o xogo, non sempre hai que utilizar a mesa baza unha combinación de distintos golpes e a distintas direccións darannos a oportunidade por exemplo de mudar dunha posición defensiva a ofensiva ou facer punto simplemente.

-Mover ao rival, facer que os desprazamento do rival sexa o maior posible sempre será un punto a favor xa que dificultarás a súa precisión, aínda que sexa nun espazo tan corto, esa imprecisión en dobres aumentará se xogamos coas posicións dos rivais movendos constantementee provocando incertidumbre entre eles,



-BIBLIOGRAFÍA

https://bit.ly/3lh0iGm

https://www.888sport.es/blog/reglas-del-ping-pong

https://bit.ly/4076GhI

http://www.oficad.com/medidas_y_dimesnsiones/tenis_de_mesa.htm

https://www.juegoydeporte.com/deportes-individuales/tenis-de-mesa/

https://www.dondeporte.com/blog/tipos-de-golpes-en-el-de-ping-pong/




No hay comentarios:

Publicar un comentario

La activación

 La activación es la puesta a punto de nuestro organismos ante una situación externa en concreto. Existen 2 tipos: -Activación física: Nos r...