Regulamento, técnica, táctica, instalacións e material de Pádel

O pádel é un deporte de raqueta que sempre se xoga en dobres, salvo en condicións especiais que se xoga en individuais, e cuxo campo de xogo conta de catro paredes que o rodean.


REGULAMENTO:

-O pádel é un deporte onde sempre se xoga en dobres salvo en casos especiais que se poden xogar individualmente.

-Os partidos xogánse o mellor de 3 sets, cada set consta de 6 xogos que hay que ganar cunha ventaza de 2 polo que se se chega a un 6-6 habería que ir o tie break que se disputa a 7 puntos e no que tamén hai que ganar de 2, e os puntos pola súa parte son 15,30,40 iguales e ventaxas.

-A pelota pode ser golpeada indistintamente por calquera membro da parexa en calquera zona do seu campo, sempre e cando só se golpe unha soa vez por turno.

-Para que a pelota pegue na parede ten que votar previamente no chan.

-Si golpeamos a pelota e esta bota no campo rival e sae da pista o punto e para o equipo que golpou, aínda que o outro equipo ten a posibilidade de salir da pista e devolvela hacia o campo rival antes de que de o segundo bote.

-Para devolver a pelota non é obrigatorio que bote no chan a non ser que sexa no saque, nese caso si que é obrigatorio.

-Si se toca a rede con calquera parte do corpo ou coa pala é punto para o rival.

-O saque ten as seguintes características:

    *Como xa dixemos antes no saque é obrigatorio que bote a bola antes de devolvela ao campo rival.

    *O saque ten que ser cruzado e ten que entrar na zona de saque rival, ambas normas amosanse na             seguinte imaxe.

    *En padel hai segundo saque polo que se se fai un mal saque podese repetir.

    *Si sacando a bola toca na rede, pasa e entra no cuadro de recepción rival o saque repítese e non              conta como malo, non obstante se a bola toca na rede, paso e non entra no cadro de recepción rival       considerase como malo e senón tes segundo saque é punto para o rival. 

MATERIAL:

O material básico de pádel son unha pala e unha bola aínda que sempre pode a ver complemetos.

A pala:


-Bola:

As bolas de pádel son semellantes ás de tenis onde a principal diferencia entre ambas é que a de tenis rebota máis.




INSTALACIÓNS:

Neste apartado vamos falar básicamente da pista de padel.   

                                       


-A pista de pádel ten as seguintes medidas.


- A zona de xogo son 20X10m

-A zona de recepción é de 6.95X4.975m

-A zona de saque mide 3X10m


-A altura da zona de fondo é de 4 metros.

-A altura da vaia lateral é de 3 metros.


-A rede pola súa parte mide 10 metros de ancho é 88 centímetros de alto.


TÉCNICA

Para poder conseguir unha boa técnica de pádel e que o noso xogo sexa mellor é mais fluído debemos dominar unha serie de posicións e golpes.

-Posición básica: A posición básica en padel, ou posición de espera, realizase cos perna semiflexionadas a altura dos hombros. Agarraremos coas dúas mans a pala, a man libre por encima da que a suxeita como se aprecia na seguinte imaxe, e esta estará a altura do peito.





-Saque: En apartados anteriores xa falamos de cal eran as reglas no saque, neste falamaos de como se realizaria un bo saque que nos permita tomar a iniciativa do punto. Para facer o saque deixamos caer a bóla o chan e cando esta rebote e se atope mais ou menos a altura da cadera será cando a golpeemos.

-Golpes de dereito: Son os golpes máis sencillos a facer en este deporte sobre todo se xogamos cruzado xa que este golpe é mais natural que se o facemos en paralelo. O obxetivo deste golpe é manter o xogo e provocar algún golpe na parede que dificulte os golpes dos rivais.



 
-Golpe de dereito cortado: É semellante ao anterior salvo que hai que imprimirlleun efecto golpeando a bóla de arriba abaixo coa pala mirando hacia arriba. É un golpe que se utiliza sobre todo cando a bóla rebota na parede e que proporcina maior rápidez e menos rebote que golpe de dereito normal.
No seguinte vídeo podemos aprender como facer un golpe de dereito cortado e se nos fixamos a partir do 2:12 podemos ver varios exemplos.





-Golpe de revés: Para realizar este golpe é importante coller a raqueta coa empuñadura continental que consiste en agarrar coa palma da man a pala como si colleramos un martelo.
Tamén e importante que o brazo co que vamos golpear este totalmente estirado e o pé do mesmo lado terá que adiantarse e sobre él descansará o peso do corpo.




-Globo: É un golpe defensivo que se realiza desde o fondo da pista. É un golpe que se realiza golpeando a bóla por debaixo e que busca o fondo da pista rival superando así a presión do rival o que nos pode permitir pasar de unha posición defensiva a unha atacante. Non obstante é moi importante realizalo adecuadamente, é decir un golpe alto e profundo, porque senón aumenta a posibilidade de que nos fagan punto en contra.



-Contraparede: É un golpe defensivo que se utiliza cando non podemos mandar a bóla hacia o outro campo comodamente. Consiste en mandar o balón contra a parede, de atrás ou contra esa zona lateral que é distinta ao resto, coa suficiente forza para que chegue ao outro lado. Debe ser un golpe forte e que colla altura porque senón poñeremosllelo foi fácil aos nosos rivais.




-Volea: É un golpe de ataque, realizase dende a rede sen deixar caer a bóla e imprimindolle un efecto, a súa vez debe ser un golpe profundo que nos permita facer punto ou deixalo casi feito. Para realizar este golpe a pala ten que estar a altura dos ombros máis ou menos. O pé contrario máis adiantado, xa que nel descansara o peso e no momento do golpe a bola ten que estar a altura de cabeza e por diante do corpo.
No seguinte vídeo podemos apreciar tanto a técnica de como realizar unha volea como ilustracións practicas a partir do minuto 1:22.




-Smash:É un golpe de ataque que busca acabar rápido o punto ao noso favor e ademáis de unha maneira vistosa. Para levalo a cabo colocámonos de costado co brazo extendido por encima da cabeza, damos uns pasos de aproximación a bóla e no momento do impacto golpeamos a maior velocidade posible.
 


-Bandexa: Utilizase para contrarrestar os globos dos rivais e recuperar de novo rapidamente a posición de ataque. É un golpe que se da no medio da pista con unha altura media entre a volea e o remate e co que buscamos o xogo cruzado para provocar o bote na dobre parede, dificultando así a devolución do rival.
No siguinte vídeo amósase como se fai unha bandexa.



Saída de parede: Este golpe serve para contrarrestar eses envíos dos nosos rivais ao fondo da pista que desois dun bote previo no chan golpean na parede. Este golpe é semellante ao movemento que facemos no golpe de dereito normal, a principal diferencia que atopamos e que este facemolo cerca da parede e co brazo extendido por encima ou a altura da cabeza.





TÁCTICA

Tan importante é unha boa técnica como unha boa táctica, é decir, tan importante é realizar uns bos golpeos coma a estratexia que se aplica no xogo. Os seguintes aspectos aportarannos un maior nivel táctico.

-Xogar cerca da rede: Esta posición permitenos adoptar unha iniciativa de de ataque que nos permitirá acabar moitos puntos. A posición optima é de metro e medio e é tan importante conseguir esta posición como mantela xa que na maioría de casos gaña a parexa que se mante un tempo maior na rede.

-Como en calquera outro deporte é de vital importancia saber en que momento do xogo nos atopámos, se estamos atacando ou se tamos defendendo, coñecer o nosos liugar no campo e tamén o dos rivais, saber en cada momento que golpe debemos utilizar,  por ejemplo en que momento debemos daar un golpe definitivo...

-Uns momentos tácticos de ataque sería xogar aos pés dos rivais para producir desestabilidade e que teñan que xogar contra as paredes.

-Un aspecto táctico a nivel defensivo moi importante é adquirir unha posición atrasada no campo, detrás da línea de saque, para non quedarnos nunha posición intermedia que nos fagan perder puntos.

-Outro aspecto a nivel defensivo é utilizar un bon globo, profundo e que non permite aos rivais machacar, esto darános a oportunidade de poder pasar de defender a atacar sempre é cando o golpe sexa realizado correctamente, de non ser así pode ter o efecto contrario e sentenciar o golpe a favor dos rivais.

-As bolas cruzadas son son mellor opción que xogar en paralelo.

-Debemos intentar apoiarse o menos posible nas paredes xa que demostra que estamos nunha posición defensiva e moi de desventaxa.




BIBLIOGRAFÍA:

https://allforpadel.com/es/blog/reglas-del-padel-n231

https://bit.ly/3xVIuTP

https://blog.playtomic.io/las-mejores-tecnicas-de-padel/

https://pascalbox.com/tacticas-de-padel/

https://www.empadelados.com/golpes-basicos-padel/

https://www.youtube.com/watch?v=ra7jixjtRTM

https://allforpadel.com/es/blog/golpes-de-padel-n226

https://padelstar.es/videos-de-padel/videos-clases-de-padel/tecnica-salida-pared-derecha/



No hay comentarios:

Publicar un comentario

La activación

 La activación es la puesta a punto de nuestro organismos ante una situación externa en concreto. Existen 2 tipos: -Activación física: Nos r...